Benvidos

Áridos do Mendo S.L. é unha empresa dedicada á investigación, extracción e beneficio de recursos mineiros, así como á fabricación de formigóns.

Actualmente desenvolve a súa actividade na explotación mineira denominada Urxeira Fracción 1ª (nº 2632.1), da que é titular.

Áridos do Mendo S.L. explota a ceo aberto e ininterrompidamente dende 1985, un xacemento de orixe fluvial, ubicado sobre as terrazas do río Miño.

Os materias beneficiados son principalmente areas e gravas, así como ouro e outros minerais densos.

Os áridos obtidos, son comercializados principalmente para a fabricación de aglomerados asfálticos e formigóns, e dada a súa alta calidade, son especialmente apropiados para o seu emprego na construcción de estradas e estructuras de formigón.